abril 14th, 2008

As cuestións nacionais na Segunda República

abril 14th, 2008 abril 14th, 2008
Posted in Copiado e pegado, estado, historia, república
No Comments »

"Durante o primeiro bienio tan só foi aprobado o Estatuto de Cataluña. Este pasou ás Cortes tras a súa aprobación case por unanimidade polos representantes dos concellos e ser votada afirmativamente polo 99% dos electores no referendo popular. Nas Cortes o Estatuto foi discutido lenta e arduamente, mais trala intentona de golpe de Estado perpetrada polo xeneral José Sanjurjo acelerouse a súa discusión até ser aprobada o 9 de setembro de 1932 por 314 votos en prol e 24 na súa contra. Destaca neste eido o discurso pronunciado polo Presidente do goberno, Manuel Azaña, o 27 de maio de 1932, que axudou a acelerar o debate, e comezaba así:

Y por primera vez en el Parlamento español se plantea en toda su amplitud, en toda su profundidad, el problema de los particularismos locales de España, el problema de las aspiraciones autonomisras regionales españolas, no por incidencia de un debate político, no por choque de un partido con otro partido, no por consecuencia o preparación de un cambio ministerial, como solía suceder, según me han contado, en otros tiempos, sino delante de un proyecto legislativo, delante de un texto parlamentario, que aspira, ni más ni menos, que a resolver el problema político que está ante nosotros. (...) —Manuel Azaña[5].

Pola súa parte no País Vasco e Navarra as forzas políticas tentaban facer un proxecto estatutario. En xuño de 1931 unha asemblea conformada polos concellos vascos e navarros aprobaron un proxecto de estatuto, mais este foi rexeitado polo goberno republicano xa que se achegaba moito ó tradicionalismo. Xa en 1932 Navarra baixouse do proxecto. En 1933 un novo proxecto foi aprobado pola meirande parte dos concellos de Biscaia e Guipúscoa, pero non polos de Álava. Sometido a referendo popular foi votado afirmativamente nas provincias de Biscaia e Guipúscoa, mais en Álava tan só conseguiu o 44% dos votos a favor. Isto non detivo a súa presentación ás Cortes, onde foi paralizada a súa discusión polo goberno radical-cedista.

En Galicia trala chegada da II República diversas institucións loitaron pola consecución da autonomía para Galicia. Mais así e todo moitos dos diversos proxectos elaborados resultaron incompatibles coa Constitución, por consideraren a Galiza como un Estado autónomo dentro da República Federal Española. En 1932, xa estando fundado o Partido Galeguista, por proposición do alcalde de Santiago de Compostela Raimundo López Pol, comeza a elaboración dun estatuto factible para a República. Este foi aprobado nunha asemblea de concellos en decembro de 1932, mais a chegada das dereitas ó goberno paralizou o seu proceso."

(Fonte: extracto do artigo "Segunda República Española" da Galipedia)

GALIZA NA SEGUNDA REPÚBLICA

Chuzame! chúzame -