Reforma a fondo
abril 3rd, 2008 abril 3rd, 2008 Posted in Sobre o blogueNo Comments »
Como podedes comprobar acabo de darlle un profundo lavado de cara ao blog, cun cambio de apariencia, pero tamén de estructura e contidos.
Unha presentación máis moderna, limpa, clara e fácil de ler, que se conxuga coa implementación de novos recursos como son os titulares de numerosos meios de comunicación a través das súas RSS.
Dende que activei as estatísticas o blog recibiu xa preto de 3000 visitas únicas (exactamente 2914) superando as 6000 visualizacións. Aproveito para darvos as GRAZAS polas vosas lecturas que son as que lle dan sentido a esta palestra.
Agora cun deseño novo plantexome dous novos obxectivos que agardo ser quen de conquerir: Primeiro actualizar con maior asiduidade, publicando máis entradas. Segundo acadar unha maior participación pola vosa banda, como visitantes, a través dos comentarios, que son o mellor indicador do grao de vitalidade do blog, e aos que me comprometo a respostar.
Agardo as vosas opinións. Vós diredes.
chúzame - 





















