Cremos no noso país!Soberanía Social, Xustiza Social!

Archive for Abril, 2008

Para aqueles que semellan ter dúbidas das maneiras, crueles e inhumanas, que emprega estado imperialista de Israel contra o povo palestino, é preciso facerlles ver o acusado da súa cegueira deliberada, no mellor dos casos, ou da súa parcialidade ben agradecida, no peor.

Poñendo a venda antes da ferida, teño que afirmar que a miña total oposición contra a ocupación do Irak, ou a intervención en Afganistán (por poñer algúns exemplos), por parte dos EUA non é resultado de ningunha caste de anti-americanismo. Xa que logo, a miña oposición ás prácticas xenocidas de Israel non teñen nada que ver, nen moito menos, cun antisemitismo que non só non profeso senón que se sitúa nas antípodas do meu pensamento dende sempre. Só dende o maniqueísmo, agora sí, ou dende a maior das pobrezas morais e intelectuais se pode acusar de antisemitas a aqueles que nos opoñemos á política oficial do estado de Israel. Só falta que nos poñan esa inxusta etiqueta en forma de tatuaxe no antebrazo.

A mellor mostra da sensibilidade que temos algúns fronte a solución final que causou tantas mortes inxustas, de respecto cara os que padeceron as vilezas do réxime nazi, é defender os dereitos humanos que lle foron negados, tamén para as/os palestinas/os.

Non sei outros, pero eu non podo declararme amigo daqueles que empregan a súa infinita superioridade tecnolóxica e militar para arrancar a vida de nenos inocentes.:

Cinco palestinos mortos, entre eles catro nenos

Chuzame! chuzame -

RobespierreUn dos temas históricos que máis me teñen interesando dende sempre é a Revolución Francesa.

O seu atractivo para min reside en que mesmo sendo un proceso histórico convulso a súa consecuencia, o seu legado, entre outros, é a afirmación do dereito do pobo, da xente, a cuestionarse a orde establecida, e a conquistar aquela que sintan máis xusta.

É a proclamación do dereito á disidencia, á transgresión. Da revolución nace a declaración dos dereitos do home, pero o máis relevante é que esta proclama implicitamente o dereito ao cambio, a transformación social, que reside na maioría, no terceiro estado, nas camadas populares e campesiñas.
Non se pode facer un xuízo atemporal do acontecido durante a revolución. Tampouco se pode caer nunha visión prexuizosa dende o esquema ético e moral actual. Para entender a trascendencia do acontecemento que marcará o inicio da Idade Contemporánea, tralo fin do Ancien Regime, é necesario visualizalo no seu conxunto, sabendo que os erros que agora poden resultar obvios, a priori non eran doados de sinalar, pola ausencia de antecedentes.

Hai tempo que escoitei que a historia para nós nace a partires do 1789; se cadra non é tan absurda a idea.

Deixovos un interesante documental , da canle Historia, que atopei en Google Vídeos, e que é un bo documento para achegarse a este tema, crucial para entender a nosa historia recente.

Recoméndovos tamén a lectura do artigo da Wikipedia portuguesa ao respecto, que ofrece unha boa síntese histórica.

Pola revolución!

Chuzame! chuzame -

"Non é o tempo o que nos falta. Somos nós quen lle faltamos a el" - Paul Claudel (1868-1955)

Tempo foi o que me faltou ao longo destos últimos días. Para todo, e tamén para poder actualizar o blog. Non gosto de actualizar por actualizar, ou para evitar que no calendario da bitácora haxa datas sen anotación.

Cando menos así podo asegurar que cada cousa que escribo, cada vídeo que colgo, cada reseña que fago, fagoa con total intención.

Agardo ter algo máis de tempo cando remate esta semana mortal, de poucas horas de sono e demasiado traballo, para adicarllo ao blog.

Hoxe máis que nunca, GRAZAS por visitar este recuncho da Rede.

Chuzame! chuzame -

Unha futura xornalista, moza de profundas conviccións, granaína de pura cepa, muller de vangarda con esencia de glamour e caracter cosmopolita, a miña amiga Clara Vecchiuzzo, deume a coñecer a curtametraxe de Juan Peralta, no que ela mesma colaborou activamente, titulado "Buscando un sueño".

Ao marxe do aspecto técnico, no que ao tratarse dun traballo amateur sempre se podería poñer algunha pega, o certo é que a curta é un documento redondo, completo, cunha fotografía bastante boa e cun concepto moi interesante. Sen diálogos, en branco e negro: o impacto da imaxe. Algo máis de 9 minutos que merecen ser vistos.

Aquí o tedes:

BUSCANDO UN SUEÑO - Juan Peralta.

Chuzame! chuzame -

O Comité de CC. SS. e da Comunicación dos CAF de Pontevedra volven organizar as Xornadas da Curtametraxe Galega "Curtas.GZ". Desta volta serán os días 5 e 6 de maio na Faculdade Ciencias Sociais de Pontevedra e polas que se ten solicitado 1 crédito de libre elección para estudantes de toda a Uvigo, a matrícula é de balde.

· Matricúlate aquí!

Chuzame! chuzame -
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Moncho Reboiras, Patriota Galego!

Valid CSS!