[BENVIDA do Autor] A patria constrúese palabra a palabra.
"A patria constrúese día a día, esforzo a esforzo" dí nunha das súas más combativas composicións o poeta e patriota Manuel María.
Recollendo esa idea, como unha peza máis do legado das xentes que ao longo do tempo co seu contributo sacrificado axudaron a construir a nosa historia como povo, relanzo o meu blog, a miña bitácora, o meu grao de area en forma de textos, artigos e columnas, co afán de sumar así o meu "esforzo" por construir un verdadeiro contra-discurso colectivo como povo que supere os limites negadores do pensamento único uniformador, sectario e antidemocrático. Pero que tamén axude, con humildade, a visibilizar que Galiza ten pensamento de seu.
Nunha nación culturalmente asoballada e oprimida baixo un falsamente sutil xugo colonial é imprescindíbel criar espazos de reflexión, de debate, de opinión. A rede de redes, xoga nesta cuestión, un papel chave que todas e todos debemos saber aproveitar.
Abro unha nova etapa do meu blog após superar as 4000 visitas na anterior edición. Era o momento de darlle un novo pulo, de refrescar o proxecto, de airear as ideas e dotalas dun novo envase dixital. Agrupados baixo o tema "Artigos Anteriores" atoparás todos os artigos que ficaba colgados no anterior blog. Na páxina "Sobre min" terás a información precisa para coñecerme un pouco máis.
Desde hoxe CONTRADISCURSO estrea novo enderezo e aloxamento, agora sí própriamente galego, así como un novo deseño visualmente máis cómodo, máis accesíbel, mellor estructurado, cun formato atractivo e moderno... todo para darlle todavía máis forza a cada palabra.
Porque a patria constrúese tamén palabra a palabra, nestas páxinas atoparás as miñas.
Agardo contar coas túas en forma de comentarios.
Unha aperta.
Xabier Pérez Igrexas.
chúzame -
agosto 31st, 2006 at 11:47 am
Relánzase o blog [CONTRADISCURSO] coincidindo co Blog Day 06…
O blog do vigués Xabier Pérez Igrexas, ex-secretario xeral dos CAE e articulista en diferentes meios de comunicación, estrea novo deseño e formato, após terse mudado a Blogaliza e de ter recibido máis de 4000 visitas na súa anterior edición….
decembro 20th, 2006 at 1:46 am
Dicía Marx que non hai teoría sen praxe. Pois menos escribir e máis construir país dende a praxe compañeiro. O teu currículo esquécese da destrucción dos CAE na tua época e de que a tua aportación a Galiza Nova foi nula. Fora da organización farías o mesmo que dentro. NADA.
decembro 30th, 2006 at 9:07 am
cum squirting…
female ejaculation video ejaculating pussy g-spot…
decembro 30th, 2006 at 1:53 pm
outdoor orgies…
amateur swinger orgies threesome porn phone orgy…
febreiro 22nd, 2007 at 5:23 pm
army drug testing program…
drug and alcohol testing…