A alternativa esperanzadora.

O feito de que o nacionalismo galego manteña a súa representación parlamentar nas Cortes españolas, nas persoas do compañeiro Francisco Jorquera e de Olaia Fernández Davila, constitúe indiscutíbelmente un bo resultado. Porén, é comprensíbel que se desexase un resultado cuantitativamente mellor e que esa arela poida manifestarse ás veces en forma de frustración.

O 20N constitúe un bo sinal para o nacionalismo galego, na medida en que rexistra un retroceso moi leve (inferior ao 1%) en relación aos comicios xerais de 2008, amortecendo a tendencia á baixa o que nos permite poder albiscar, coa prudencia necesaria e desde a autoesixencia, o inicio dun cambio de ciclo. Sirva como exemplo disto o caso da miña cidade, Vigo, na que nestas xerais o BNG retrocedeu 10 veces menos que nas municipais de maio deste mesmo ano (-0,7% fronte un -7%) en relación a cadanseus procesos electorais anteriores. En Vigo, por vez primeira desde 2003, o Bloque obtivo máis votos nunhas eleccións xerais que nas municipais.

Seguir lendo

Chuzame! A Facebook A Twitter

Entrevista a Guillerme Vázquez en Vía TV.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Os recortes na sanidade.

A sanidade pública, ata agora un dereito universal para toda a poboación, enfróntase a graves ameazas reais. Dunha banda as restricións no acceso aos servizos médicos a colectivos que van desde inmigrantes, persoas en situación de exclusión ou desempregadas sen fonte de ingresos. Restricións aberrantes e fondamente antisociais, que xa se veñen padecendo desde hai meses malia non ser de coñecemento público.

Hai que sumar tamén a crecente ameaza privatizadora contra a sanidade pública galega. Falo das multimillonarias concesións privadas para a construción de novas dotacións hospitalarias, da externalización privada de servizos ou da porta aberta ao copago que se introduce nos orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro ano.

Seguir lendo

Chuzame! A Facebook A Twitter

Maioría social en apuros.

O 61% das galegas e galegos teñen dificultades para chegar a fin de mes. O dato estatístico recollido polo Instituto Nacional de Estatística verifica a grave situación que están a atravesar amplas capas sociais, nomeadamente as clases populares.

En 2010 case un 22% da poboación galega correu risco de pobreza ou de exclusión social. Preto dun 30% non puido aforrar ren e un 5% recoñece terse retrasado nos pagos do aluguer ou da hipoteca.

A nosa comarca, con máis de 60.000 desempregadas/os e cun moi preocupante ritmo de destrución de postos de traballo en todos os sectores, non é allea á realidade do conxunto do resto do país. Esta radiografía retrata como se están a cargar os custes da crise do capitalismo neoliberal sobre amaioría social e evidencia a urxencia dun cambio de rumbo cara un sistema económico e social máis xusto.

Artigo publicado en 20 Minutos – Ed. Vigo (páx. 2) o 25/10/2011.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Agonía industrial.

Solventar a problemática arredor do tax lease non resolverá completamente a grave situación do sector naval, mais a súa non resolución poderá supor amunición que resta para
rematalo. A automoción non atravesa tampouco o seu mellor momento.

Ficamos perante unha grave crise que afecta ás potencialidades produtivas da nosa comarca a nivel industrial. A agonía industrial que padece Vigo, cunha sangría de destrución de emprego e significativas mermas na produción, colocan aomotor económico de Galiza nunha encrucillada vital.

É preciso, é ineludíbel, abordar canto antes as respostas precisas para garantir e alargar a industria como sector económico clave. Eis o reto capital que temos diante e que semella que só están a afrontar as e os traballadores do sector e as organizacións sindicais.

Artigo publicado en 20 minutos Ed. Vigo (páx. 2) o 17/10/2011.

Chuzame! A Facebook A Twitter